RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): O PLENO DE VIGO ESTREA HOXE UNHA PANTOMIMA CON TRES ACTORES: PP E PSOE VOTANDO UN ORZAMENTO QUE ANTES O SEGUNDO REXEITABA E BNG REXEITANDO UN ORZAMENTO QUE NO BÁSICO É O DO ANO PASADO E ANTERIORES QUE SI VOTOU AFIRMATIVAMENTE

Concello_de_VigoO coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, valorou hoxe a votación afirmativa de PP e PSOE do orzamento do ano 2014 sinalando que asistimos á consumación dun “matrimonio de conveniencia” do PP e o PSOE ante a falla de diferencias substanciais no proxecto de cidade, seguir priorizando os anuncios efectivistas fronte a unha verdadeira política orzamentaria orientada á dar resposta ás necesidades de políticas sociais, control público dos incrementos de gasto en concesionarias privadas, cumprimento das decisións democrática do pleno, contrarrestar os efectos da reforma local do PP, etc…

EU presentará como o ven facendo dende 2011 unha ENMENDA Á TOTALIDADE AO ORZAMENTO ante as primeiras evidencias de que estamos ante un orzamento que agocha baixo unha calculada estratexia propagandistica un recorte de partidas sociais e un aumento dos recursos que acaban nas concesionarias privadas (Vitrasa, Aqualia, seguridade, limpeza, mantemento cemiterios, etc…)

EU, que tivo acceso ao borrador do orzamento xustifica esta posición na evidencia da instauración dunha sistemática de trocar os nomes das partidas presentes no orzamento anterior e mesmo de fraccionalas para “escamotear” descensos ou aumentos de partidas. De este xeito o coordenador local de EU, Rubén Pérez sinala como “moi ilustrativa” que a partida recollida no 2013 como SUBVENCION LANZADEIRAS e BONOBÚS que rondaba os 9.400.000 euros desaparace para reconvertirse na partida BONO TARXETA VERDE E POLÍTICAS DE TRANSPORTE que pasa a superar os 10.500.000 de euros, un incremento que agocha de xeito evidente que os vigueses e viguesas estamos a pagar de xeito lateral a suposta conxelación do bonobús.

Especialmente curioso é o caso do suposto PLAN DE COMPENSACIÓN CONTRA A CRISE, dotado no anterior orzamento de 3.200.000 millóns de euros que agora fragmentase en tres programas (dende o goberno local decíase que agora hai tres programas e non un como antes) O que non dí o goberno local que os tres programas: Axuda Alugueres, Axuda alimentos e axudas para a carencia enerxética apenas superan os 2 millóns de euros. 1 millón 200.000 euros menos “de golpe” que entendemos que vai para sufragar novos roubos como o 1,9 millón de euros máis que pagaremos a SOGAMA este ano.

Rubén Pérez considera erróneo voltar a dotar o orzamento de 670.000 euros de subvención ás liñas aéreas, política errónea que non soluciona nin o custe dos voos nin facilita a consolidación de rutas no aeroporto de Vigo sometido aos intereses das compañías aéreas que son as que finalmente deciden ante unha AENA en proceso de privatización e con pouca capacidade de orientar a política aeroportuaria en Galicia.

EU pide que o orzamento sexa subido á web municipal e remitido ao tecido veciñal e asociativo da cidade en período de exposición pública e lembra aos veciños e veciñas que a pesar do escurantismo da aprobación do mesmo, por lei ten que estar exposto no concello para a consulta e alegacións que os veciños e veciñas consideren necesarias.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO ACUSA A CABALLERO DE “APUNTARSE A REFORMA LOCAL” DO PP QUE DI REXEITAR NO TOCANTE A ORZAMENTOS

EU denuncia que en vez de negociar os ORZAMENTOS 2014 co resto dos grupos municipais, ao non ter maioria, pretente prorrogar os de 2013 a sabendas que a reforma local que ven de aprobar o PP vaille permitir aprobar en xunta local un novo orzamento en 2014 sen precisar do acordo do pleno.

Para o coordinador local de EU en Vigo a reforma do PP (Lei 27/2013, de 27 de dicembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local) é meridianamente clara neste aspecto, e na disposición adicional decimosexta. “Mayoría requerida para la adopción de acuerdos en las Corporaciones Locales”. Indica textualmente:

1. Excepcionalmente, cuando el Pleno de la Corporación Local no alcanzara, en una primera votación, la mayoría necesaria para la adopción de acuerdos prevista en esta Ley, la Junta de Gobierno Local tendrá competencia para aprobar:

a)      El presupuesto del ejercicio inmediato siguiente, siempre que previamente exista un presupuesto prorrogado.

b)      Los planes económico-financieros, los planes de reequilibrio y los planes de ajuste a los que se refiere la Ley Orgánica 2/2012, de 27 de abril.

c)      Los planes de saneamiento de la Corporación Local o los planes de reducción de deudas

d)      d) La entrada de la Corporación Local en los mecanismos extraordinarios de financiación vigentes a los que se refiere la Ley Orgánica 2/2012, de 27 de abril, y, en particular, el acceso a las medidas extraordinarias de apoyo a la liquidez previstas en el Real Decreto-ley 8/2013, de 28 de junio, de medidas urgentes contra la morosidad de las administraciones públicas y de apoyo a Entidades Locales con problemas financieros.

ESQUERDA UNIDA considera que esta lei do PP reforza a figura presidencialista do alcalde, furtando ao pleno da capacidade decisoria en materia de orzamentos, estado do endebedamento e mesmo información sobre o estado da tesourería polo que “o mellor xeito de enfrentarse a esta lei” é esencialmente dotar ao pleno do poder decisorio evitando empregar a Xunta de Goberno Local como instrumento de poder absoluto.

EU igualmente denuncia que o modelo proposto polo goberno significará unha gran ineficiencia na prestación de servizos básicos (recollida e tratamento residuos sólidos, limpeza viaria, abastecemento domiciliario auga potable, acceso aos núcleos de poboación e  pavimentación das vías) pero tamén nas prestacións sociais fundamentais para millóns de cidadáns. Servizos de atención domiciliaria, teleasistencia, menores, discapacidade, inclusión de inmigrantes, infancia, dependencia, maiores… deixarán de ser prestados desde o coñecemento que proporciona a proximidade, perderán a súa calidade e eventualmente poderían deixar de dar cobertura a moitos cidadáns. Ineficiencia e maior custo para os cidadáns é a paradigma orientativo do proxecto de lei do goberno.

EU seguirá denunciando esta lei mordaza da autonomía local do PP ante a cidadanía viguesa.

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA) “QUEN DEFENDE A EUROPA DE MAASTRICH TAMÉN DEBERÍAN SER CONSIDERADAS PERSOAS NON GRATAS EN VIGO”

Para ESQUERDA UNIDA é o tratado o que permite á Comisión Europea a coordinación das políticas industriais dos países membros. Lembra que o artigo 157, modificado no Tratado de Niza, deixou en evidencia que o sector naval en Galicia non interesa o máis mínimo a Bruselas.

Rubén Pérez, coordinador local de ESQUERDA UNIDA consideran que Almunia namentres actúa en base a asunción do PSOE e do PP destas políticas herdeiras dun modelo de construción europea profundamente inxusto e con diverxencias industriais máis que notorias; permite a gobernos manter e incluso alimentar con cartos públicos industrias que consideran estratéxicas (sector naval, aceiro e mesmo carbón…) e condena ao estado español a facelas desaparecer en aras dunha converxencia ficticia.

Esquerda Unida presenta un paquete alternativo de medidas fiscais para asegurar a redución do déficit público

EU CONSIDERA PROFUNDAMENTE INXUSTAS E POUCO EFICIENTES AS MEDIDAS DESENVOLVIDAS POLO GOBERNO DO PSOE

ESQUERDA UNIDA DEMOSTRA QUE OUTRA POLÍTICA É POSÍBEL CUN PAQUETE DE MEDIDAS FISCAIS QUE EVITA QUE SEXA A MAIORÍA SOCIAL QUEN PAGUE AS CONSECUENCIAS DA CRISE

O paquete de axuste do Goberno ten por obxectivo a redución do déficit das Administracións Públicas ata o límite do 3% en 2013 (desde o 12,2% actual). Para iso optou por unha política de recorte do gasto que afecta ás pensións, ao salario dos empregados públicos, ao investimento público, o emprego das Administracións e  certas prestacións sociais (lei de Dependencia, cheque.-bebé, etc).

Ademais de ser profundamente inxustas, estas medidas son pouco eficientes para reducir o déficit, posto que reducen o consumo e o investimento, xeran máis paro e, xa que logo, teñen un efecto moi negativo sobre  a recadación fiscal.

Esquerda Unida considera que a redución do déficit público só pode realizarse mediante o aumento da contribución fiscal dos que máis teñen e gañan, é dicir mediante unha reforma fiscal progresiva, que debe ser iniciada por un paquete de medidas urxentes, e cun plan serio de loita contra a economía mergullada e a fraude fiscal. Complementariamente a estas medidas, deben aplicarse en todas as administracións programas de racionalización e control do gasto público.

Para iso, Esquerda Unida defende as seguintes medidas:

1.-  Elevación do tipo impositivo marxinal no último tramo do IRPF (base liquidable superior a 53.407,20 euros; equivalente a uns 60.000 euros anuais de ingresos brutos) do 43 ao 50%.

2.-  Aumento de 5 puntos no imposto sobre beneficios (Imposto de Sociedades) das entidades, sociedades e institucións de intermediación financeira (Bancos, Caixas, Compañías de Seguros, Sociedades de Carteira, etc.).

3.-  Incremento de 3 puntos na tributación das empresas que cotizan en Bolsa e obteñen beneficios.

4.-  Creación dunha taxa sobre as transaccións en Bolsa do 0,2%.

5.-  Imposición extraordinaria do 50% dos bonos, primas e calquera outra retribución extrasalarial dos directivos de institucións financeiras, mentres dure a crise, entendido este fin como situar o índice de paro por baixo do existente a 1 de xaneiro de 2008.

6.-  Recuperación do Imposto de Patrimonio (2.147 millóns de euros en 2007, destinados ao Programa de Emprego das CCAA).

7.- Presentación do Goberno en función do seu exercicio da Presidencia Europea dun plan de converxencia e harmonización fiscal para os países da UE con calendario de aplicación.

8.-  Reorientación da reforma do IVE, eliminando a subida xeral de tipos que entrará en vigor o 1 de xullo e establecendo un IVE especial ao 25% (ou en caso necesario un Imposto especial ou o seu incremento en 7 puntos) para bens de consumo de luxo, animais vivos non destinados a consumo humano, xoias, abrigos e pezas de pel, aeronaves e embarcacións de vela e motor cuxo uso non se destine ao comercio marítimo ou á pesca profesional, etc.

9.-  Redución do IVE ao tipo super reducido (4%) de todos os alimentos e produtos de primeira necesidade.

10.- Adopción da proposta da Comisión de Finanzas das Asemblea Nacional  Francesa (setembro de 2009) no marco de Presidencia semestral española da UE  para suprimir os billetes de 500 euros e reducir a 3.000 euros as cantidades que se poden pagar en efectivo sen comunicación á administración tributaria dos datos do pagador a partir de 1 de xaneiro de 2011.

11.- Supresión da fiscalizade favorable das SICAV que deben tributar como calquera outra sociedade (así ocorre nas Facendas Forais de Euskadi).

12.-  Equiparación da contribución fiscal das rendas do capital e do traballo.

13.- Introducir medidas de fiscalizade verde para gravar as actividades que prexudiquen o medio ambiente e incentivar as que teñan efectos favorables, de acordo coa proposición de Lei de Fiscalizade Ambiental presentada por EU-ICV o pasado 21 de xullo de 2009.

14.-  Consideración no marco da UE da Taxa Tobin como unha ferramenta para financiar iniciativas industriais innovadoras nos sectores estratéxicos para un desenvolvemento xusto e sostible. Proposición das Directivas correspondentes.

15.- Adopción dun Programa de loita contra a Economía Mergullada e a fraude fiscal co obxectivo de reducir a Economía Mergullada e un total de 12 puntos de PIB no período 2010-2013 e duplicar os resultados na represión da fraude fiscal.

En definitiva esquerda unida demostra que outra política é posíbel cun paquete de medidas fiscais que evita que sexa a maioría social quen pague as consecuencias da crise.



Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

Esquerda Unida considera inconstitucional o paquete de medidas formulado polo presidente do goberno, o cal representa o maior recorte social da democracia

EU AFIRMA QUE O GOBERNO DO PSOE, DOBREGADO ANTE O PODER DO CAPITAL, ESTÁ A ATENTAR CONTRA O PRINCIPIO DO ESTADO SOCIAL ESTABLECIDO NA CONSTITUCIÓN

ESQUERDA UNIDA EU PRESENTA UN PAQUETE DE MEDIDAS ALTERNATIVO E SOCIAL QUE PERMITIRÍA REDUCIR O DÉFICIT EN A LO MENOS 2,5 PUNTOS CADA ANO

Atopámonos ante un golpe de estado do capital financeiro contra as conquistas dos traballadores e traballadoras e os intereses da cidadanía.  Preténdese liquidar o principio do Estado social, establecido na Constitución, que constitúe o fundamento do noso actual ordenamento xurídico, desmontar o escaso Estado do Benestar existente en España, debilitar o movemento obreiro organizado e socavar as bases da democracia española ao aceptar a imposición exterior que vulnera o principio de soberanía nacional establecido no artigo 1 da Constitución.

Ante esta situación, Esquerda Unida esixe ao Goberno a convocatoria dun referendo para que os cidadáns e cidadás poidan decidir soberanamente sobre o paquete de medidas proposto. Para EU o devandito paquete, segundo a formulación dada polo Presidente do Goberno viola a Constitución en canto as medidas sobre anulación dos dereitos retroactivos derivados da Lei de Dependencia, nas medidas de recorte salarial dos empregados públicos e nas medidas de conxelación das pensións.

Esquerda unida presenta unha alternativa para reducir o déficit mediante o aumento da recadación fiscal a través dun Plan de Medidas contra a Economía mergullada e dunha reforma fiscal progresiva baseada no aumento do 43 ao 50% na tributación do último tramo do IRPF, a unificación na tributación das rendas do traballo e as rendas do capital, instauración dunha fiscalidade verde, elaboración dun Plan Executivo contra a fraude fiscal e de reforzamento dos recursos materiais e humanos da Axencia Tributaria, recuperación do imposto de Patrimonio que so grava aos que máis teñen, anulación da lexislación favorable ás SICAV, Aumento en 3 puntos da tributación por Sociedades das empresas que cotizan en Bolsa e obteñen beneficios ou as daquelas que, sen cotizar en Bolsa, teñen máis de 250 traballadores e obteñen beneficios, redución dun 15% a asignación concedida á Casa Real, eliminar as exencións relacionadas cos bes e inmobles ou actividades empresariais da Igrexa católica así como a modificación da Lei do IRPF para que os fondos destinados á Igrexa católica ou a outras confesións relixiosas establézanse mediante un incremento voluntario da cota. Asemade EU propón limitar os salarios dos altos cargos tanto na administración pública como na empresa privada, neste caso so pena de perder calquera tipo de axuda o subvención pública.

A nivel financeiro Esquerda Unida propón o aumento en 5 puntos do imposto sobre beneficios (Imposto de Sociedades) das entidades financeiras, gravaranse cunha taxa do 0,1% todas as transaccións de accións e valores realizadas nas Bolsas españolas e a creación dun Sistema Público de Caixas de Aforro baixo a forma de Empresa ou Fundación pública de natureza financeira e carácter social. Asemade mentres dure a crise establécese unha imposición extraordinaria do 50%, dos bonos, primas e calquera outra retribución extrasalarial dos directivos de institucións financeiras e as achegas a plans de pensións privados superiores á máxima da Seguridade Social.

Por último EU propón un paquete de medidas encamiñadas a racionalización do gasto público, nas que destaca a elaboración dun catálogo de gastos excesivos e suntuarios das Administracións Públicas, un código ético na aceptación de agasallos, Modificación da Lei de Contratos do Estado para limitar e regular de forma estrita as revisións de prezos á alza e establecer cláusulas sociais e ambientais, revisión de todos os contratos públicos con prezos superiores ao medio do mercado, creación dunha Axencia de Control da calidade do gasto público, e por último a retirada das tropas españolas de Afganistán que supón un gasto superior a 300 millón de euros.

As medidas alternativas propostas por EU, xerarían polo menos unha redución directa do déficit nos aspectos avaliables cuantitativamente de a lo menos 2,50 puntos cada ano. Así coa recuperación do Imposto de Patrimonio xeraríanse uns ingresos de 2.200 millóns de euros (200 millóns de euros máis que o que representa a conxelación de pensións e o endurecemento das condicións para a pensión parcial), coa redución de 3 puntos de PIB na economía mergullada, que representaría un aumento da recadación fiscal de 10.000 millóns por ano (4.000 millóns máis que a redución e conxelación dos salarios dos empregados públicos), co aumento da tributación do IRPF que so afecta as rendas máis altas aumentaría a recadación fiscal en 2.500 millóns de euros (1.250 millóns máis que a eliminación do cheque bebé), coas medidas que actuan sobre o mundo financeiro, as SICAV, a Igrexa católica, a Casa Real e a retirada de tropas en Afganistán, pódese conservar os 6.000 millóns de euros do programa de investimentos públicos e ata incrementalo substancialmente. Asemade a diminución dos salarios altos no conxunto das Administracións Públicas seria equivalente ao axuste que se pide a CC.AA. e Concellos.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida