ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE O PSOE EN VIGO AMPARA O MODELO SANITARIO DO PP AO FACILITAR AUGA E LUZ AO NOVO HOSPITAL SEN GARANTIR A XESTIÓN PÚBLICA DO SERGAS.

novo_hospitalEU sigue defendendo que mentres non se garanta a titularidade 100×100 pública do centro hospitalario e dos servicios sanitarios polo SERGAS o Concello non debe proceder a realizar a obra de conexión de auga e luz. O coordinador local de EU, Rubén Pérez, considera que facelo “en comandita co PP é asumir o seu modelo sanitario fracasado en outras comunidades como Madrid e Valencia”.

Para EU a exención que marca o artigo 5.1.i da ORDENANZA MUNICIPAL quedaría sen efecto ao tratarse dun centro cunha titularidade do SERGAS discutible e pide que se lle cobre IBI ao centro hospitalario.

Tamén subliña Esquerda Unida que O Novo Hospital de Vigo é unha infraestructura Sanitaria que ten como finalidade a satisfación das necesidades de atención sanitaria da poboación do área de saúde de Vigo, e que esta vaise a realizar mediante explotación de dita infraestructura sanitaria por parte da empresa privada. Esta explotación é sobre a totalidade do NHV e non só a prestación de servizos non clínicos, tal como se indica na lexislación relativa aos contratos.

EU tamén considera que, para que ningunha empresa privada se beneficie dos beneficios que se conceden aos equipamentos sanitarios públicos debería modificarse a actual ordenanza municipal sobre o IBI coas seguintes actuacións:

1. Solicitar a modificación da ordenanza fiscal do IBI, no artigo 5.1.i que di: “Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario”

Quedando como segue:

i) Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario e sexan explotados polo SERGAS.

Todas estas medidas, para ESQUERDA UNIDA, deberían ser eventuais mentras non se produce un cambio político que permita revertir ao público o novo complexo hospitalario.

Deixar un comentario