Filed under: Noticias, Videoteca | Tagged: Manifestación, Novo hospital, Sanidade, Vigo | Deixa un comentario »
Vídeo da manifestación polo novo hospital e unha sanidade pública
Valoración da manifestación pola sanidade pública
Dende ESQUERDA UNIDA valoramos como un éxito importante a manifestación de onte, para exixir a posta en marcha do novo hospital e para que este sexa de titularidade pública na súa titularidade, fronte á proposta privatizadora do PP….
Filed under: Manifestos, Noticias | Tagged: Manifestación, Novo hospital, Sanidade, Vigo | Deixa un comentario »
Traballo de Esquerda Unida de Vigo en defensa da sanidade pública
A Agrupación Comarcal de Esquerda Unida Vigo iniciará este venres 23 unha campaña informativa de información e mobilización á cidadanía de toda a área sanitaria viguesa, en contra dos plans privatizadores da Consellería de Sanidade, do novo hospital de Vigo…
Filed under: Manifestos | Tagged: Manifestación, Novo hospital, Sanidade, Vigo | Deixa un comentario »
MANIFESTACIÓN: Esquerda Unida de Vigo en contra da privatización da sanidade
EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
A Consellería de Sanidade, do PP, quere mudar o plan funcional do novo hospital rebaixando a 900 camas o plan previsto de 1.414 camas, consensuadas e defendidas pola plataforma cidadá pola Sanidade Pública.
As empresas privadas presionan para des-organizar a sanidade pública segundo o seu interese capitalista…
Filed under: Manifestos | Tagged: Manifestación, Novo hospital, Sanidade, Vigo | Deixa un comentario »
PCE, IU e a UJCE convocan unha concentración en Madrid contra o Golpe de estado en Honduras
O Presidente de Honduras, Manuel Zelaya, foi secuestrado por forzas do Exército, que llo levaron do Palacio do Goberno este Domingo. A programación das emisoras de radio foi interrompida ao redor das 7.00, hora local e comezaron a sintonizar música popular hondureña. Sucedía isto no mesmo momento no que ía dar comezo unha consulta popular ao redor da realización dunha Asemblea Constituínte…
Filed under: Noticias, Videoteca | Tagged: América, Honduras, Izquierda Unida, Manifestación, Mundo, PCE | Deixa un comentario »
Esquerda Unida de Vigo solidarízase coa traballadora despedida do Corte Inglés (05/06/09)
Nos 34 anos que O Corte Inglés leva instalado en Vigo, os traballadores e as traballadoras que compomos o persoal sempre consideramos que o cliente é o primeiro e así seguirá sendo, proba diso é a súa fidelidade e a valoración que nos recoñecen nas enquisas que realiza a propia empresa. Nos últimos tempos déronse cambios na organización da empresa que poden ser percibidos polo cliente como peor atención dos traballadores, cando non é outra cousa que a cantidade de funcións a realizar polos vendedores e a escaseza do persoal para dar cobertura ao amplo horario de antención ao público.
Filed under: Noticias, Videoteca | Tagged: Crises, Manifestación, Sindicatos, Vigo | Deixa un comentario »
Manifestación dos veciños de Coruxo contra a depuradora do Lagares (30/05/09)
Este pasado Sábado os veciños de Coruxo sairon a manifestarse en contra da actual depuradora do Lagares, por culpa da cal levan 12 anos sufrindo (cheiros pestilentes, insalubridade, enfermidades,…), e do proxecto da futura macro-depuradora. Esquerda Unida de Vigo estivo ali para solidarizarse cos veciños afectados por esta situación insostible, inxusta [...]
Filed under: Noticias, Videoteca | Tagged: Depuradora, Manifestación, Medioambiente, Vigo | Deixa un comentario »






















