Esquerda Unida solidarizase cos traballadores e traballadoras que desenvolven a súa actividade nas oficinas I+B

A Secretaria Xeral de Familia xunto co xerente do Consorcio, comunicou o pasado mércores 11 de novembro a eliminación no 2010 de tres programas que levaban a cabo os traballadores e traballadoras das oficinas I+B. Esta decisión supón o despedimento de 61 persoas que ate agora viñan prestando estes servizos….

Comunicado de Esquerda Unida sobre ordenanzas municipais

ESQUERDA UNIDA DE VIGO PEDIRÁ AO CONCELLO MEDIANTE UNHA MOCIÓN QUE AS ORDENANZAS MUNICIPAIS SEÑAN ORIENTADAS PARA GAÑAR PROGRESIVIDADE E PROTEXER AOS SECTORES SOCIAIS MÁIS FEBLES

A PROTECCIÓN AOS DESEMPREGADOS E AS FAMILIAS MONOPARENTAIS, O GRAVAME SOBRE VIVENDAS BALEIRAS E SOBRE OS ESPAZOS COS QUE SE ESPECULA, OU A EXENCIÓN PARA O DEPORTE DE BASE, SON ALGUNHAS DAS PROPOSTAS QUE PRESENTARÁ EU Ó PLENO DO CONCELLO DE VIGO…

BARBARIE

Mentres miles de nais paranoicas coa Gripe A saturan os centros de saúde do primeiro mundo para que vacinen aos seus retoños, cada día, cada 24 horas exactas de reloxo, 17.000 nenos morren de fame no mundo. 11 nenos cada minuto desaparecen, se esfuman, sen dar unha patada a un balón, sen aprender a caligrafía máis básica, sen coñecer máis mundo que as súas paredes de adobe ou os teitos de cartón que trágicamente cantábanos Alí Primera….

Esquerda Unida pregúntalle á corporación municipal e a Xunta cantos indixentes teñen que morrer nas rúas da nosa cidade para dar solucións o albergue de Vigo

Unha vez máis o goberno municipal e a Xunta de Galicia optan por solucións populistas para o edificio da Gota de Leite obviando unha realidade social que vivimos na nosa cidade. ESQUERDA UNIDA DE VIGO recorda ó goberno municipal que a situación social dos indixentes na nosa cidade é crítica, sobre todo nun contexto de crise económica….

CARTA ABERTA Á CIDADANÍA: A FOLGA DO METAL. VERDADES E MENTIRAS

A FOLGA DO METAL. VERDADES E MENTIRAS

A razón sempre existíu,
Pero non sempre nunha forma razonable
Karl Marx

ORIXE DO CONFLICTO. QUE PIDEN OS TRABALLADORES

A orixe do conflicto, como en anteriores ocasións, volta a estar na negociación do novo convenio. A patronal pretende esconderse na crise capitalista, provocada por eles e o seu libre mercado, [...]

Esquerda Unida de Vigo solidarízase coa traballadora despedida do Corte Inglés (05/06/09)

Nos 34 anos que O Corte Inglés leva instalado en Vigo, os traballadores e as traballadoras que compomos o persoal sempre consideramos que o cliente é o primeiro e así seguirá sendo, proba diso é a súa fidelidade e a valoración que nos recoñecen nas enquisas que realiza a propia empresa. Nos últimos tempos déronse cambios na organización da empresa que poden ser percibidos polo cliente como peor atención dos traballadores, cando non é outra cousa que a cantidade de funcións a realizar polos vendedores e a escaseza do persoal para dar cobertura ao amplo horario de antención ao público.

Esquerda Unida de Vigo condena a actitude do delegado do goberno e pide a súa dimisión

A actitude desmesurada e fascista da policia, no día de onte contra os traballadores do metal en Vigo, non ten ningún tipo de xustificación. Os traballadores no exercicio dun dos seus dereitos constitucionais como é a folga, levaban a cabo coma outras veces cortes de tráfico e o intento de ocupación pacífica do Concello. Feito este último que provocou unha carga policial brutal contra os traballadores alí concentrados. Esto provocou a ola de cortes de tráfico e incidentes que duraron toda a mañá, respondidos pola policía como si dunha dictadura se tratara. O resultado forón varios traballadores e cidadáns feridos.

Esquerda Unida expresa o seu total respaldo as demandas e mobilizacións d@s traballadores/as do metal

Esquerda Unida manifesta o seu total respaldo as demandas e mobilizacións que están a desenvolver na procura da mellora do convenio colectivo do metal pontevedrés as e os traballadores do metal da provincia de Pontevedra. As reivindicacións e mobilizacións dos traballadores son un factor fundamental para garantir que non caia nas nosas costas o custo dunha crise provocado polos defensores das políticas neoliberais.

Willy Meyer esixe a Zapatero que asuma as conclusións do Informe Auken

Málaga, 3 de xuño de 2009. Willy Meyer ofreceu esta mañá en Málaga unha rolda de prensa na que tamén participaron a candidata Elena Benítez, o coordinador andaluz Diego Valderas e o coordinador xeral de IU, Cayo Lara. Valderas comentou facendo referencia ao debate emitido onte por Canle Sur sinalando que nel “EU puxo no seu sitio ao PP e ao PSOE porque nós falamos de Europa”. O parlamentario andaluz sostivo que EU está comprometida cos agricultores polo que defenderá unha reforma da PAC. Tamén expuxo o compromiso de con a ordenación sostible do territorio, sinalando que PP e PSOE en Málaga, están cos especuladores e cos corruptos.

Willy Meyer: “o descenso do paro demostra que a intervención pública é a única saída á crise”

Willy Meyer participou na mañá de onte nunha rolda de prensa celebrada en Toledo, que estivo presentada por Daniel Martinez, coordinador rexional de IU-Castela A Mancha. Nela o candidato nº 1 de IU ao Parlamento Europeo, Willy Meyer comentou que as 24.741 persoas que “tiveron a fortuna” de atopar traballo no último mes fixérono principalmente “grazas á intervención pública na economía”, o que para Meyer demostra que “esta é a única saída á crise que xera emprego”.